lunes, 12 de noviembre de 2012

Descubrindo novos territorios



En Nogueira a 20 Novembro de 2012.

Ola Rita:

Adiviña que fixen hoxe. Esta mañá coñecín A Coruña porque fun visitar a miña irmá. É grande de raio, agora entendo por que se perdeu Uxía. Había un montón de coches de todas as cores e facían moito ruído. As casas eran moi grandes, que digo casas, eran uns edificios altísimos, tanto que apenas lle daba o sol á rúa.


A xente é moi maleducada, empuxáronme tres señoras cas súas bolsas  da compra e nin perdón me dixeron. Qué abafante! Toda a xente levaba présa. Ían dun lado a outro. Ocórreche o mesmo a ti cando saes á rúa? Non entendo como che pode gustar a cidade, co bonita e tranquila que é a nosa aldea.


O único que me gustou  foi a praia de Riazor, mágoa que sexa inverno, senón dun chouto metíame na auga.

A miña irmá levounos a un centro comercial enorme, e ela di que é dos máis grandes de Europa, chámase Marineda City. Ten de todo: restaurantes, tendas de roupa e de xoguetes e un cine. É tan grande que tiven que ir da man de miña nai  para non perderme. 

A miña irmá está encantada coa cidade, xa se parece a Tere a estirada, pero eu sigo preferindo a nosa querida Nogueira. Como di a túa avoa onde estean as miñas vacas que se quiten os ordeñadores. 

Déixote, vou apañar a leña co meu pai. Escríbeme pronto antes de que neve e non me poida chegar a túa carta.
Roque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario