Santiago de Compostela, 14 de abril de 2022
Hoxe
atopei as nosas cartas e volvín a aquela doce infancia. ¡qué tempos aqueles nos
que faciamos trasnadas! ¿Acórdaste da pita de don Luís? Sigo agardando polo
pitiño que me ías regalar.
Lémbraste da carta que me mandaras contándome que
coñeceras Coruña e que non cambiabas
Nogueira por nada? ¿Quen che ía dicir a ti que deixarías Nogueira para ir a
estudar a Universidade de Santiago comigo? E agora a cidade gústache tanto coma
a nosa querida Nogueira.
Aínda
me lembro do tempo que vivín fóra de Nogueira, custárame un montón
adaptarme, era todo tan diferente, aínda
que fixera amigos pronto, só me gustaba escribirche cartas para contarche todo
o que me pasaba e encantábame recibir a túa resposta.
A
vida da miña familia cambiou moito cando meu pai perdeu o traballo e tivemos
que volver a Nogueira porque a vida en Vigo era moi cara. Pero todo empezou a
ir para ben cando meus pais abriron a panadería que tanto éxito tivo.
Estou
moi agradecida porque o mellor daqueles días foi terte a ti comigo animándome e
levándome de paseo pola aldea adiante e facéndome rir coas túas ocurrencias.
Alégrome
de ter voltado a Nogueira porque puidemos vivir moitas aventuras xuntos,
reforzar a nosa amizade e grazas a iso agora temos algo especial.
Nunca
esqueceremos todas aquelas vivencias que compartimos e estas cartas son a proba
do cariño que sempre nos tivemos.
Rita e Roque.


No hay comentarios:
Publicar un comentario